Na crise que estamos a
vivir, formúlase a pregunta de se a xuventude está a consumir de
xeito responsable. Pero, qué é o consumo responsable? O consumo
responsable basease en axustarse ás necesidades reais e considerar o
impacto ambiental dos produtos, se as empresas das que proceden
respetan o medio e os dereitos humanos e a calidade do que se merca.
Este tipo de consumo está a aumentar.
Para empezar, hai unha gran
cantidade de asociacións anticapitalistas que organizan actividades
a través da rede para fomentar este tipo de consumo, como bancos de
tempo, mercadillos de troco, cooperativas, asociacións de
comerciantes locais ou manifestacións, como o 15-M.
Tamén aumentou un 54% o
emprego da Banca Ética, que son bancos que invirten o capital en
proxectos medioambientais e humanitarios, a diferenza doutros que
invirten, por exemplo en armamento. Foron creados buscando
coherencia, xa que ONG e organizacións de paz gardaban o seu diñeiro
en bancos que invertían en armamento, co cal todos os seus esforzos
carecían de sentido. Estes bancos son completamente transparentes e
os clientes saben a qué destinan os seus aforros.
Unha proba real de que os
mozos consumen responsablemente é unha estatística encargada polo
goberno vasco que consistiu en 1500 chamadas a mozos e que concluiu
que o 42% da xuventude vasca consume responsablemente e que o 58%
consume de forma racional.
Non podemos esquecernos das
enerxías alternativas: eólica, solar, biomasa,... Este tipo de
enerxías non resultan tan contaminantes como as fósiles e ademais
renóvanse. Cada vez investígase máis neste campo.
Mencionar tamén a
popularidade do ecolóxico, moi importante con respecto ao consumo
responsable. Este ámbito é tan importante que moitas empresas o
utilizan xa como reclamo publicitario. O exemplo máis claro é
McDonald´s coas súas hamburguesas 100% de vacuno e o seu cambio de
logotipo, de vermello a verde, a modo de mensaxe subliminal.
Por outra banda, o
principal motivo polo que a mocidade consume de xeito máis
responsable é que cada vez estamos máis informados, sobre todo a
través de internet, onde aparece información de todo tipo. Isto
inflúe moito na nosa visión con respecto á crise e o consumo.
En conclusión, o consumo
responsable está aumentando e vese reflexado en cada un dos aspectos
mencionados anteriormente. O contexto da crise económica inflúe
claramente nunha concienciación cada vez maior por parte de toda a
poboación. Sería bo que esta actitude non durase unicamente no
período en que estemos en crise e que continúe aumentando.