jueves, 28 de febrero de 2013

Artigo a favor


Na crise que estamos a vivir, formúlase a pregunta de se a xuventude está a consumir de xeito responsable. Pero, qué é o consumo responsable? O consumo responsable basease en axustarse ás necesidades reais e considerar o impacto ambiental dos produtos, se as empresas das que proceden respetan o medio e os dereitos humanos e a calidade do que se merca. Este tipo de consumo está a aumentar.
Para empezar, hai unha gran cantidade de asociacións anticapitalistas que organizan actividades a través da rede para fomentar este tipo de consumo, como bancos de tempo, mercadillos de troco, cooperativas, asociacións de comerciantes locais ou manifestacións, como o 15-M.
Tamén aumentou un 54% o emprego da Banca Ética, que son bancos que invirten o capital en proxectos medioambientais e humanitarios, a diferenza doutros que invirten, por exemplo en armamento. Foron creados buscando coherencia, xa que ONG e organizacións de paz gardaban o seu diñeiro en bancos que invertían en armamento, co cal todos os seus esforzos carecían de sentido. Estes bancos son completamente transparentes e os clientes saben a qué destinan os seus aforros.
Unha proba real de que os mozos consumen responsablemente é unha estatística encargada polo goberno vasco que consistiu en 1500 chamadas a mozos e que concluiu que o 42% da xuventude vasca consume responsablemente e que o 58% consume de forma racional.
Non podemos esquecernos das enerxías alternativas: eólica, solar, biomasa,... Este tipo de enerxías non resultan tan contaminantes como as fósiles e ademais renóvanse. Cada vez investígase máis neste campo.
Mencionar tamén a popularidade do ecolóxico, moi importante con respecto ao consumo responsable. Este ámbito é tan importante que moitas empresas o utilizan xa como reclamo publicitario. O exemplo máis claro é McDonald´s coas súas hamburguesas 100% de vacuno e o seu cambio de logotipo, de vermello a verde, a modo de mensaxe subliminal.
Por outra banda, o principal motivo polo que a mocidade consume de xeito máis responsable é que cada vez estamos máis informados, sobre todo a través de internet, onde aparece información de todo tipo. Isto inflúe moito na nosa visión con respecto á crise e o consumo.
En conclusión, o consumo responsable está aumentando e vese reflexado en cada un dos aspectos mencionados anteriormente. O contexto da crise económica inflúe claramente nunha concienciación cada vez maior por parte de toda a poboación. Sería bo que esta actitude non durase unicamente no período en que estemos en crise e que continúe aumentando.

1 comentario: